jueves, 1 de diciembre de 2011

actividae 6.2

ACTIVIDADE 6.2
Turismo cultural:
1.    Descrición da actividade
É unha modalidade de turismo que fai hincapié naqueles aspectos culturais que ofrecen un determinado aspecto turístico.
2.    Características básicas da empresa (instalacións, persoal, investimento)

instalacións
oficinas
persoal
3 fixos 2 temporais
investimento
35000€
Condición xurídica
Sociedade limitada
facturación
184680€
localización
Grandes núcleos con boas comunicacións

3.    ¿Cómo é o mercado dese negocio nesta zona?
Existen varias empresas adicadas ao turismo rural ao longo de toda a costa da morte.

4.    Tipos e características dos clientes
0s principais clientes serían:
Empresas promotoras de feiras, congresos e exposicións.
Institucións públicas.
Navieiros.
Touroperadores.
Axencias de viaxe.
Centros escolares.
Empresas en xeral.
Turismo en xeral.
Asociacións e outros colectivos.
Establecementos de hospedaxe.

5.    Empresas competidoras.
Segundo meiga Galicia, as principais empresas son:
-Art surfcamp ,plaia de Razo.
-Golpe golf, San Miguel de Vilela.
               - Raz surfcamp, palia de Razo.
               - Costa Viva Cruceiros Muros.
               6. Características dos provedores
 O proveedores proporcionaranme os principais productos, como por exemplo bicicletas se fago rutas, serían proveedores internacionais porque sempre hai que buscar os mellores productos e buscaría un sao que lle puidese pagar con tempo sen a nacesidade de que fora un pago a man.
 

ACTIVIDADE 6.1

6.1 ANIMACIÓN POR ORDENADOR:

A animación consiste no deseño e aplicación de movemento a personaxes ou obxectos a través de diferentes técnicas. De tal modo, en función destas técnicas, pódense distinguir varias modalidades de animación: Animación mediante debuxos, animación a partir de figuras tridimensionais, animación mediante imaxes xeradas por ordenador e animación realizada con técnicas mixtas.
A actividade principal das empresas obxecto deste estudo é a prestación de servizos de animación por ordenador, froito do desenvolvemento dos denominados gráficos xerados por ordenador (CG) e a súa aplicación ao cine, televisión, publicidade, etc. na que se inclúen fundamentalmente a animación por ordenador 2D e a animación por ordenador 3D:
- Animación 2D: Hoxe en día, os estudos de animación 2D utilizan soportes dixitais nos seus traballos, polo que o proceso de animación  realízase fundamentalmente a través de medios informáticos. Se se empregan técnicas clásicas, haberá que capturar os debuxos para a súa posterior animación. Se se realizan por medio de programas informáticos, aforrarase o proceso de captura.
- Animación 3D: Baséase nun sistema informático que xera un espazo virtual con tres dimensións, no que se modelan, a partir de redes de malla, os decorados e as personaxes.

Os servizos ofrecidos por este tipo de empresas posúen múltiples aplicacións, entre as que destacan as seguintes:
- Arquitectura e enxeñería: Servizos de infografía (ver glosario) aplicada á arquitectura, enxeñería civil, proxectos de urbanismo e paisaxes, que permiten a previsualización dos modelos con anterioridade ou paralelamente ao proceso de construción.
- Publicidade, televisión e cine: Deseño e animacións 3D para spots publicitarios, series de televisión, películas, etc., así como todo tipo de servizos de postprodución.
- Deseño e animacións para vídeos corporativos e presentacións de proxectos para empresas privadas e institucións públicas.
- Multimedia: deseño e animacións 3D en páxinas web, CD Roms interactivos, etc.

Desde o punto de vista estatístico, as actividades económicas  clasifícanse seguindo a Clasificación de Actividades Económicas (CNAE-93). Dependendo do tipo de actividade, este terá un código diferente. Adicionalmente, existe outro sistema de clasificación chamado SIC (Standard Industrial Classification). Nos seguintes cadros  amosámosche a clasificación da actividade considerada.


CNAE-93
SIC
92.11 Produción cinematográfica
78.13 Produción de películas cinematográficas

78.14 Produción de películas


Algunhas das actividades reflectidas nesta clasificación, ou estreitamente relacionadas coas mesmas,  foran tratadas xa con maior profundidade  noutras guías:
- Produción audiovisual.
- Produción multimedia.
- Gabinete de deseño gráfico.
- Gabinete de programación. 
Podes consultalas na páxina web: http://guias.bicgalicia.es

O cadro seguinte recolle catro aspectos clave identificados por outros emprendedores, e que che poden axudar a reflexionar sobre as condicións que debe reunir a túa idea de negocio.


A IDEA

1. Orixe da idea

O desenvolvemento das novas tecnoloxías propiciaron a aparición dun nicho de mercado para este tipo de actividade.

2. Concepto de negocio

Prestación de servizos de animación por ordenador e desenvolvemento de producións propias.

3. Claves competitivas

Altos niveis de calidade a prezos inferiores que a animación tradicional.
Prazos competitivos.
Variedade da tipoloxía de clientes.
Versatilidade e adaptación  ás demandas dos seus clientes.

4. Aspectos críticos

Dificultade na captación de clientela: inestabilidade e descontinuidade produtiva.